Reabren ó público os xardíns Felipe de Castro tralo remate definitivo da reforma

O concello de Noia reabriu ó público os xardíns Felipe de Castro trala finalización definitiva das obras de mellora. Os traballos, que supuxeron un investimento de 90 mil euros financiados con fondos europeos, centráronse na renovación das redes e reposición do pavimento.

Costura e patchwork enchen de arte a casa da cultura do Porto do Son

A Casa da Cultura do Porto do Son acolleu esta fin de semana a inauguración da exposición de Patchwork, Costura e Labores de Agulla. A mostra recolle máis dun ano de traballo do alumnado que participa nos cursos que se imparte tanto en Portosín como no Porto do Son.

O Club Náutico de Portosín estrea xunta directiva

O Real Club Náutico de Portosín estrea xunta directiva. O presidente José Codesido deu a coñecer os nomes das persoas que o acompañarán nesta singradura na que  destacan antigos membros con gran experiencia e novas incorporacións.

Boiro acollerá o 21 de xuño a andaina contra o cancro da AECC

Nova iniciativa solidaria en Boiro onde a Asociación Española contra o cancro celebrará unha andaina o domingo día 21. A entidade e o concello animan á cidadanía a sumarse a esta proba que ten por obxectivo seguir a recadar fondos para a investigación.

O BNG denuncia o retraso na renovación da grada do campo de fútbol de...

O BNG de Ribeira insta ó goberno municipal a executar a renovación do campo de fútbol de Carreira. Trátase dunha actuación longamente demandada pola veciñanza aprobada polo anterior executivo co voto en contra do PP. A pesar de contar con proxecto e partida orzamentaria aínda non se procedeu á súa licitación.

Inaugurado un novo aparcadoiro con 40 prazas no Saltiño

O concello de Boiro vén de habilitar medio cento de novas prazas de estacionamento no Saltiño. Co acondicionamento dunha parcela como aparcadoiro pretende dar servizo á alta demanda existente na zona onde se empraza o centro de saúde.

A Pobra volverá camiñar contra o cancro o 14 de xuño

A Pobra volverá camiñar unida contra o cancro. O domingo 14 de xuño terá lugar unha nova edición da andaina solidaria. Ademais das probas, que se dividen en dúas distancias, haberá actividades para nenos e animación musical.

O Barbanza súmase ás concentracións de SOS Sanidade Pública polas listas de espera

O Barbanza sumouse ás mobilizacións convocadas en toda Galicia para denunciar a situación das listas de agarda. Ducias de persoas concentrábanse este mediodía ás portas do hospital comarcal onde as esperas para segundas citas poden chegar a demorarse máis dun ano nalgunhas especialidades.

Noia celebrará a diversidade co I Berberechiña Fest

O concello de Noia celebrará o sábado 13 de xuño a Berberechiña Fest. Trátase dunha xornada lúdica e reivindicativa para visibilizar os dereitos do colectivo LGTBI a través de diversas propostas lúdicas.

O Porto do Son volve acoller unha proba da Liga Galega de Andainas

O Porto do Son acollerá este domingo unha proba da Liga Galega de Andainas. A organización, a cargo do Club Trabandainas, agarda reunir a preto de 700 deportistas nas dúas categorías da proba que se divide nunha andaina longa e outra curta.

REDES SOCIAIS

40,724FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete