RIBEIRA> O conselleiro de Sanidade desprazábase esta mañá ata o hospital do BArbanza para coñecer os novos servizos que vén de implementar o centro comarcal. Ademais das novas salas de pediatría e radioloxía, adquiriuse un ecógrafo para a consulta de dermatoloxía.
O hospital do Barbanza segue a mellorar os seus servizos coa incorporación de novos equipamentos que permiten unha maior calidade asistencial así como unha mellor precisión diagnóstica. O conselleiro de Sanidade visitou o centro para supervisar o funcionamento destes equipos nos servizos de Urxencias, Radioloxía e Dermatoloxía.
Ademais dun diagnóstico máis preciso, esta nova tecnoloxía reducirá as emisións garantindo a máxima seguridade na realización das probas e aumentará a capacidade de resolución, especialmente na área de radioloxía.
A incorporación destes equipamentos supuxo un investimento de máis de 400 euros que se veñen sumar á recente posta en marcha dunha ambulancia medicalizada con base no hospital.











