Máis de 20 establecementos participan na XXI Feira de Oportunidades Viamare

RIBEIRA> Ribeira celebrará entre o 7 e o 9 de agosto a vixésimo primeira edición do Viamare Stock. Máis de vinte establecementos comerciais participarán nesta feira de oportunidades que, por primeira vez, pechará as portas a mediodía.

Máis de 20 comercios de roupa, calzados, complementos ou decoración participarán na 21 edición da Feira Viamare de Ribeira. Desenvolverase entre o 7 e o 9 de agosto, nas carpas instaladas na Avenida do Malecón. Como novidade este ano non abrirá en horario ininterrompido senón que pechará entre as 3 e as 5 da tarde.

Dende o concello de Ribeira apoian esta e outras iniciativas organizadas pola asociación de empresarios polo seu gran labor en contribución á dinamización económica de todo o municipio.

A feira ten ademais unha compoñente social posto que conta coa colaboración de Agadea, encargada de parte da decoración, e de Ágape que instalará un expositor para a venda de produtos da súa tenda solidaria.