O III Boviño Fest reunirá a dez bodegas nun destino enogastronómico como O Barbanza

BOIRO> O Barbanza volverá converterse en capital do viño cunha nova edición do Boviño Fest. A iniciativa, na que participarán dez bodegas, recalará nos concellos de Rianxo, A Pobra e Boiro entre o 6 e o 9 de agosto.

Dez bodegas, a maioría delas da provincia da Coruña, participarán na terceira edición do Boviño Fest que se desenvolverá entre o seis e o nove de agosto en varios escenarios do Barbanza. A primeira xornada terá lugar en Rianxo da man da adega Cazapitas cunha ruta enoliteraria, degustación gastronómica e cata comentada. O venres a programación trasladarase á bodega Entre os Ríos da Pobra.

A xornada central será o sabado no pazo de Goiáns con clases maxistrais, catas e actividades culturais durante todo o día. O programa pechará o domingo cunha xornada aberta ó público.

A Deputación da Coruña colabora dende o seu inicio con esta cita enolóxica que encaixa á perfección no modelo turístico promovido pola entidade provincial poñendo en valor os recursos propios do territorio e ofrecendo ó visitante experiencias ó redor da identidade, a paisaxe e o produto local.