RIBEIRA> Ribeira quenta motores para as súa festas de verán. Este mércores arrancarán coa lectura do pregón a cargo da reitora da USC que dará paso á verbena a cargo da orquestra Panorama. O cartel de música e actividades contempla unha ampla programación da que poderán disfrutar veciños e visitantes ata o domingo.
Todo listo en Ribeira para dar o pistoletazo de saída ás festas grandes do verán. Mañá ás nove e media darán comezo oficialmente os festexos coa lectura do pregón dende a casa consistorial por parte da reitora da USC, Rosa Crujeiras. Dende o concello animan ós veciños e visitantes a sumarse ás celebracións e gozar dun amplo programa con orquestras de primeiro nivel, grupos de referencia a nivel galego e nacional e actividades para tódolos públicos.
Ademais de convidar á cidadanía a gozar dos festexos, dende o concello apelan tamén á paciencia da veciñanza polas molestias que poidan ocasionar.











