Os bombeiros de Boiro rescatan un carneiro que caeu nun pozo

BOIRO> O persoal do parque comarcal de bombeiros de Boiro realizou hai uns días un curioso rescate, o dun carneiro que caera nun pozo de auga de preto dos dez metros de profundidade no lugar de San Martiño.

Por causas que se descoñecen o animal precipitouse ó fondo do pozo. A súa propietaria, ao ver o acontecido, non tivo mellor idea que chamar ao 112, que despregou un dispositivo de rescate.

Un bombeiro foi o encargado de baixar por unha polea e colocarlle ó carneiro un arnés para que puidera ser rescatado.

Todo concluíu con éxito, e o animal, sen feridas de consideración, puido regresar co rabaño