RIANXO> O lume orixinábase ó redor das sete desta mañá. Un particular foi o que alertou ó 112 que rapidamente mobilizou ó lugar ós equipos de emerxencias.
A intervención rápida dos bombeiros evitou que o lume afectara tamén a outros vehículos que estaban estacionados no lugar.
Ata o lugar do suceso desprazáronse tamén a Garda Civil, que abriu unha investigación para tratar de aclarar todo o acontecido.
Unha investigación que poucas horas despois, tras o visionado das cámaras de seguridade do taller, deixou entrever que se trataba dun lume provocado, procedendo primeiro á identificación dos presuntos responsables e posteriormente á súa localización e detención.
Unha labor na que os axentes do Instituto Armado tiveron a colaboración da Policía Local de Rianxo.











