13 marcas participarán na Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico de Ribeira

Máis dun cento de vehículos de 13 marcas participarán na Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico que se celebrará en Ribeira do 12 ó 14 de xuño. Nesta sétima edición a cita, que este ano incorpora tamén un espazo formativo, consolídase como un referente a nivel autonómico.

A Plataforma estuda novas medidas de presión para lograr a apertura do PAC da...

Continúan as concentracións da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza. Esta mañá tiñan lugar fronte ó centro de saúde de Aguiño para demandar a cobertura do cen por cento das prazas e na Pobra onde esixen a apertura do PAC en quenda de tarde.

Arde un camión abandonado no porto de Ribeira

Arde un camión estacionado no porto de Ribeira. Ó parecer estaba abandonado, e sobre el pesaba un embargo. Á espera do que determine a investigación, polo de agora descoñécese a posible orixe do mesmo, aínda que todo apunta a que puido ser intencionado.

A Xunta cataloga preto de 1500 bens no primeiro Censo do Patrimonio Marítimo de...

O auditorio municipal de Ribeira acolleu a presentación do Censo de Patrimonio Marítimo Inmoble enmarcado no Plan de Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030. Trátase dun ambicioso traballo impulsado pola Xunta en colaboración coa Universidade de Coruña que permitiu a identificación e posta en valor de preto de 1500 bens. Tamén se procedeu á catalogación dos espazos de interese cultural marítimo.

Congalsa recibe o Real Olé de Nova Iorque e o Fursán Hispania de Dubai

Todo preparado na Pobra para acoller unha nova edición do Torneo Internacional de Fútbol Base Congalsa. Este ano coa participación dun total de 37 equipos en categoría alevín.  Dous deles, o Real Olé, de Nova Iorque, e o Fursán Hispania de Dubai xa se atopan na localidade e esta mañá foron recibidos nas instalacións de Congalsa, empresa principal patrocinadora do evento.

O BNG de Boiro reclámalle ó Concello que axilice a reforma do campo de...

O BNG de Boiro denuncia de novo o incumprimento por parte do equipo de goberno do acordo plenario para instar á Deputación da Coruña a levar a cabo a reforma do campo de fútbol de Bealo, incluíndo a instalación de herba artificial. Os nacionalistas critican o desleixo do goberno local, desatendendo ás demandas dos propios clubs que empregan habitualmente esta instalación que dende hai tempo reclaman este proxecto.

A Xunta asina coa confraría de Noia o primeiro convenio do plan de rexeneración...

A Consellería do Mar e a confraría de Noia asinaron esta mañá un convenio por valor de 1’6 millóns de euros. Trátase do primeiro dos acordos subscritos no marco do paquete de axudas de 23 millóns aprobadas pola Xunta para compensar os traballos de rexeneración dos bancos.

Adxudicado o novo alumeado do miradoiro de Punta do Castro

Ribeira avanza no Plan de Sostibilidade Turística en Destino coa posta en valor do seu patrimonio. O concello vén de adxudicar o alumeado no miradoiro de Punta Castro. Unha actuación que ascende a algo máis de 32 mil euros para complementar o proxecto de rehabilitación da antiga fábrica de salgadura para convertela en museo.

O Museo Valle-Inclán dará a coñecer ó público o seu funcionamento interno

Como cada ano, o concello da Pobra volverá conmemorar o Día dos Museos. Será a través dunha conferencia programada para este xoves día 21 na que se dará a coñecer o traballo interno do Museo Valle-Inclán. Os asistentes poderán seguir o percorrido que realizan os bens dende a súa entrada no museo ata a súa catalogación como parte dos fondos.

Vandalizan en Ribeira unha escultura en lembranza das vítimas do franquismo

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza condena o ataque ó monumento en recordo das vítimas franquistas de Ribeira. Esta fin de semana, a escultura de Soledad Penalta, situada na Avenida do Malecón, sufriu un acto vandálico coa rotura do alumeado e a desaparición da placa conmemorativa

REDES SOCIAIS

40,725FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete