RIBEIRA> O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou esta mañá na clausura do curso de finanzas desenvolvido na Aula Cemit de Ribeira. Miguel Corgos destacou a importancia de formación para avanzar na dixitalización da sociedade galega.
A adquisición de competencias clave en materia dixital é un dos obxectivos que busca a rede de aulas Cemit da Xunta de Galicia para reducir a fenda e camiñar cara unha sociedade máis preparada para os retos que plantexan as novas tecnoloxías. Así o destacou o Conselleiro de Facenda e Administración Pública na visita desenvolvida á Aula Cemit de Ribeira esta mañá.
A visita do responsable autonómico coincidiu coa clausura dun curso sobre finanzas e banca electrónica no que participaron preto de 30 alumnos que adquiriron competencias en materia de seguridade.











