RIANXO> O executivo rianxeiro vai sacar a licitación o contrato de subministración de enerxía eléctrica das instalacións municipais por un importe total de 514 mil euros.
O novo contrato, cunha duración dun ano, tramitarase a través do Acordo Marco da Central de Contratación da Federación Española de Municipios e Provincias.
Con este novo contrato, o Concello reforza a súa aposta por unha xestión eficiente e responsable dos recursos económicos xa que suporá un aforro de aproximadamente uns cen mil euros na factura eléctrica para as arcas municipais











