A POBRA> O goberno cuatripartito presentou esta mañá o orzamento municipal para este ano 2026, o que podería ser o último antes da cita electoral do vindeiro ano 2027.
O documento orzamentario ascende a 10’5 millóns de euros, o que supón unha lixeira diminución en 2’7% con respecto ó do ano anterior.
En liñas xerais, o executivo pobrense destaca que se trata dun presuposto eficiente e responsable, o que lle permitira poder seguir realizando as políticas destes últimos anos.
En canto ós investimentos estes orzamentos superan o millón de euros con actuacións importantes como é o caso da reforma do Parque do Castelo ou a obra da mellora da sede do Club de Remo. Dese total a Deputación aportará 600 mil euros, de recursos propios 200 mil, mentres que a cantidade que dá a Xunta apenas alcanza os 44 mil.
Un dos capítulos que se verá incrementado será tamén o do gasto social.
O documento será levado a pleno este venres para a súa aprobación inicial.











