A POBRA> Novo escenario pero mesma reivindicación. A plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza trasladou as concentracións do centro de saúde da Pobra ós Xardíns Valle-Inclán. Pretenden deste xeito facer máis visible a súa protesta pola cobertura das vacantes e a apertura do PAC en quenda de tarde.
Como cada venres, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza volveu concentrarse na Pobra. Nas últimas semanas as protestas teñen lugar nos Xardíns Valle-Inclán, lugar máis céntrico e visible ca o centro de saúde, co obxectivo de implicar a toda a cidadanía na súa reivindicación.
Alertan dende a plataforma que a situación, xa complicada de por si, tende a agravarse nos meses de verán cando o municipio rexistra un gran incremento de poboación coincidindo coas vacacións do persoal sanitario.











