O futuro do Club de Remo Pobra pende dun fío

A POBRA> O Club de Remo Pobra non superou aínda o pau sufrido en xaneiro de 2025, cando as instalacións do Club, na zona da Covecha , foron pasto das lapas por culpa dun voraz incendio.

Dende aquel triste suceso, hai máis de un ano, a entidade iniciou unha peregrinación polas distintas Administracións tratando de recadar os apoios necesarios para conseguir o financiamento preciso para acometer a reforma das instalacións, pero o proxecto que se deseñou, a día de hoxe, quédaselles pequeno, debido ó volume de remeiros, principalmente na base, cos que conta, polo que o futuro parece incerto.

O Club traballa dende hai un tempo en poder sacar adiante un proxecto máis ambicioso.

A entidade conta tamén co apoio nesta loita do Concello, que agarda non deixar abandonado ó Club na súa teima, a pesar das súas limitacións económicas para afrontar un proxecto coma o que precisa o Club para atender as súas necesidades actuais.