En marcha a mellora de servizos na rúa Brasil
Noia continúa coa realización de diferentes actuacións de mellora de servizos en varias zonas do Concello. Ás obras realizadas na Albariza e na rúa Pontevedra, súmase agora un novo proxecto que ten coma finalidade a instalación dunha nova rede de saneamento e renovación do firme nas rúas Brasil e Lorenzo de Armada, no barrio de San Lázaro.
Fin de semana de descontos en Noia coa Pink Fashion
Arrinca en Noia unha nova edición da Pink Fashion. Na proposta, que organiza a asociación Noia Histórica, tomarán parte máis de trinta establecementos comerciais da localidade que ofrecerán os seus produtos cun 20% de desconto.
A bandeira azul volverá ondear este verán na praia de Coroso
A bandeira azul volverá ondear este verán na praia de Coroso. O concello optou por recuperar esta distinción que garante, non só a calidade ambiental das súas augas, senón a máxima calidade en tódolos servizos dos que dispón o principal areal urbano de Ribeira.
O conservatorio de Ribeira acolle o último encontro da Aula Galega de Saxofón
O conservatorio de Ribeira celebrará esta fin de semana o último dos encontros da Aula Galega de Saxofón. Xunto con este, o conservatorio desenvolve ó longo deste curso os seminarios de Música Antiga e Frauta.
O remo veterano darase cita este sábado en Rianxo
Rianxo acollerá esta fin de semana as regatas de traíñas de veteranos nas categorías masculina e feminina. A proba, enmarcada na Liga Galega, reunirá a un total de 16 tripulacións de toda Galicia.
Portosín repite na organización do Campionato Galego de Wingfoil
Por segundo ano consecutivo as aguas da ría de Muros e Noia volverán a acoller o Campionato Galego de Wingfoil. A cita organizada polo Real Club Náutico de Portosín e a Federación Galega de Vela terá lugar esta vindeira fin de semana, 16 e 17 de maio. Na proba tomarán parte os mellores especialistas desta disciplina de gran espectacularidade.
O goberno rianxeiro continúa coa súa xeira de encontros nas parroquias
O executivo rianxeiro está a celebrar ó longo deste mes de maio un intenso programa de xuntanzas veciñais nas parroquias, co obxectivo de escoitar de primeira man as principais demandas da veciñanza. Estes encontros sérvenlle ó executivo para sondar tamén a súa acción de goberno.
Unha nova senda peonil e ciclista reforzará a seguridade na AC-550 ó seu paso...
A Xunta de Galicia executará unha senda peonil na AC-550 á saída do núcleo de Portosín. O proxecto, que hoxe mesmo saíu a exposición pública, implicará a expropiación de 26 parcelas cunha superficie total de 687 metros cadrados. O investimento para a súa execución supera os dous millóns e medio de euros.
Congalsa incorpora a confraría da Pobra e Cruz Vermella ós beneficiarios da súa andaina
Congalsa celebrará o domingo 24 de maio a décima edición da súa andaina solidaria. Este ano incorpora dúas novidades entre as entidades beneficiarias. A Confraría da Pobra e Cruz Vermella Ribeira súmanse a Cáritas e ICE Renovación.
SOGAPS celebrará un concerto solidario en Ribeira
Arte e música fusionaranse nun espectáculo benéfico en favor de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.Terá lugar o 23 de maio no auditorio municipal a cargo do grupo Boroa e o artista plástico David Cuence. O concerto vén pechar o proxecto educativo ‘Abrigo e Acubillo’ desenvolvido nos colexios de Artes e Olveira durante este curso.

















