Rescatan a un menor en Barraña que quedou á deriva nunha táboa de paddlesurf

BOIRO> Unha xornada pracenteira de praia e baño no areal de Barraña converteuse nunha verdadeira odisea para unha familia, cun gran susto no corpo.

Un menor que se atopaba xogando cunha táboa de paddle surf quedou á deriva, arrastrado pola corrente. Aínda que varios bañistas que se atopaban nese momento no areal intentaron socorrelo, non foron capaces, polo que se deu aviso ó 112.

Rapidamente se mobilizou un gran dispositivo de emerxencias e unha embarcación auxiliar de Gardacostas conseguiu recollelo. Mesmo chegou a mobilizarse o helicóptero Pesca 1, aínda que finalmente non foi necesaria a súa intervención.

A pesar do estado de nerviosismo que presentaba, o rapaz resultou ileso ó igual que os familiares que trataron de socorrelo, que tamén tiveron que ser recollidos por outras embarcacións que tamén colaboraron no rescate

Segundo explicou o alcalde, todo se quedou nun susto. Algo anecdótico e pouco habitual, nun areal tranquilo como é o de Barraña