Máis de 200 nenos participan no campamento de conciliación de Boiro

BOIRO> Un total de 220 nenos de Boiro iniciaron esta mañá un verán de lecer nos campamentos de conciliación do concello. Desenvolveranse en catro sedes para achegar o servizo ás familias que residen nas principais parroquias.

O alcalde de Boiro e a concelleira de Ensino quixeron dar hoxe a benvida ós máis de 200 nenos que participan nos campamento de verán que se desenvolverá durante todo o verán en catro sedes distintas.

Con esta ampla oferta de prazas, que se ampliou con respecto ó ano pasado, o concello aposta pola conciliación ofrecendo ás familias un recurso de lecer durante o período non lectivo.

Aínda que dun xeito lúdico, tódalas actividades están orientadas á educación en valores con actividades adaptadas segundo as necesidades educativas de cada grupo de idade.