Barbanza estrea ambulancia medicalizada

RIBEIRA>  O conselleiro de Sanidade desprazou ata o hospital comarcal para supervisar a posta en servizo deste novo recurso que vén de satisfacer unha demanda histórica da área sanitaria.

Son moias as vantaxes que suporá a incorporación dunha ambulancia medicalizada con base no hospital do Barbanza. A máis importante, a redución dos tempos de asistencia que, en caso de emerxencias, é clave para a evolución dos pacientes.

O Conselleiro de Sanidade desprazouse ata o hospital comarcal para supervisar a posta en marcha deste servizo dotado do máis avanzado equipamento técnico e un equipo composto por un profesional médico, enfermeiro e técnico de emerxencias.

A alcaldesa de Ribeira quixo agradecer á Consellería que dea cumprimento ó compromiso adquirido para dotar á comarca dun servizo longamente demandado.

A xestión dependerá do Servizo de Coordinación do 061 que decide os recursos a mobilizar en cada caso concreto. Estará operativa as 24 horas do día e dará servizo a unha poboación de máis de 75 mil habitantes dos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo e O Porto do Son.