As bolsas Juan Lampón recoñecen a traxectoria deportiva e académica de seis estudantes do...

O IES Pobra acolleu esta mañá o acto de entrega das bolsas Juan Lampón a seis estudantes da comarca. Nesta vixésimo primeira edición presentáronse 25 solicitudes de alumnos que combinan un excelente expediente académico cunha exitosa traxectoria deportiva.

Dúas citas co remo reunirán esta fin de semana en Cabo de Cruz a...

Cita co remo esta fin de semana en Cabo de Cruz que ademais das regatas de Veteranos We Sea acollerá a primeira bandeira de traineriñas Concello de Boiro. As competicións reunirán no peirao crucense a  preto de 800 deportistas.

Arrancan as obras para a eliminación do espigón do porto de Taragoña

Arrancan as obras para a eliminación do espigón do porto de Taragoña, en Rianxo. A actuación, cun orzamento duns 543 mil euros, será financiada por Costas.

A conselleira do Mar recolle as demandas da confraría de Aguiño

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo esta mañá un encontro co patrón maior da confraría de Aguiño. O motivo da xuntanza, na que tamén tomou parte o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Alvarez, foi analizar os últimos investimentos realizados neste porto e recoller tamén as principais demandas do pósito.

Avanzan os trámites para o proxecto de rehabilitación integral do CEIP O Grupo

A Xunta iniciará nas próximas semanas a redacción do proxecto de rehabilitación integral do CEIP O Grupo. Así llo confirmou o Conselleiro de Educación á alcaldesa de Ribeira nunha recente xuntanza na que tamén abordaron outras melloras en centros educativos do municipio.

Mozos e maiores de Rianxo estreitan lazos ó abeiro do programa ‘Talento Interxeracional’

O centro de día de AGADEA en Rianxo e os alumnos do IES Félix Muriel participan no programa Talento Interxeracional que promove a Dirección Xeral de Xuventude. Este proxecto busca conectar as xeracións máis novas coa terceira idade a través de experiencias compartidas moi enriquecedoras.

A XII concentración ‘Sen Frenos’ congregará a preto de mil motos na Pobra

Preto de mil motos concentraranse no Paseo dos Areos da Pobra entre o 16 e o 17 de maio. A decimo segunda edición da concentración moteira ‘Sen Frenos’ promete espectáculo e diversión para os amantes do motor.

Barbanza Arousa entrega os premios do circuíto ‘Catro carreiras, unha meta’

A Mancomunidade Barbanza Arousa pechou o circuíto de carreiras populares coa entrega de premios a tódolos clasificados. Foron 60 os corredores que pasaron polo podio para recoller os seus trofeos.

Joam Evans: ‘O anuncio da Xunta é unha mala nova para toda a comarca’

A Plataforma en contra dos vertidos da mina de San Finx entende que se trata dunha mala nova para a toda a comarca, aínda que nos os colle por sorpresa, pois xa se sabía que a Xunta tiña intención de sacar unha convocatoria de novos dereitos mineiros. 

A Xunta anuncia un novo concurso de explotación para San Finx

A Xunta estuda a reapertura de varias minas en Galicia, entre as que se atoparía a de San Finx, en Lousame. A conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, anunciou a convocatoria de novos dereitos mineiros que permitirán solicitar directamente a concesión de explotacións nas que se demostrou a existencia de recursos como o volframio, o ouro ou o estaño, que, segundo ela,  son de relevancia para sectores tan importantes como o da defensa ou a automoción.

REDES SOCIAIS

40,725FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete