RIBEIRA> O BNG volverá propoñer a designación do día da Dorna e o martes de entroido como festivos locais en Ribeira. A proposta dos nacionalistas, que se debaterá no próximo pleno, pasa por consolidar estas dúas datas en vindeiros anos, agás cando o 24 de xullo coincida en domingo.
O BNG de Ribeira levará ó pleno deste mes unha moción para establecer o martes de entroido e o día da Dorna como festivos locais con carácter permanente.
Á marxe desta datas, os nacionalistas entenden a necesidade de consolidar tamén a celebración de Santa Uxía, trasladando os actos festivos á segunda fin de semana de setembro, aínda que os actos relixiosos e institucionais se celebren o día 12.
Con esta proposta, o BNG busca acadar o consenso da corporación apelando ó sentir maioritario do pobo con dous festivos que non só responden á identidade de Ribeira senón que supoñen tamén un gran impulso económico coa atracción de miles de visitantes.











