BOIRO>A Asociación de Xubilados e Pensionistas de Boiro acusa ó alcalde, Xosé Ramón Romero, de querer boicotear o seu proxecto de construción da futura residencia para a localidade, un proxecto polo que levan pelexando dende hai anos.
Dende o colectivo entenden que o rexedor non fai todo o que está nas súas mans por materializar este proxecto, incumprindo mesmo un acordo plenario de maio de 2020 no que se aprobou por unanimidade de tódolos grupos a posta a disposición da Xunta dos terreos necesarios para a construción desta infraestrutura, na zona da Cachada.
Sen querer entrar en polémicas, dende a entidade entenden que como si houbo interese dende o Concello na rápida posta a disposición dos terreos para a residencia de Agadea, no Saltiño, se faga o mesmo coa que eles plantexan, de máxima prioridade para o municipio.











