Chega a Ribeira a mostra itinerante do Premio Luís Ksado da Deputación da Coruña

RIBEIRA> A sala de exposicións do Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira acolle dende hoxe a exposición fotográfica Luís Ksado da Deputación a Coruña. Xunto coas series premiadas seleccionáronse outras catro finalistas para conformar a mostra que se poderá visitar en Ribeira ata o próximo 5 de xullo.

Un ano máis Ribeira volve ser parada no percorrido da Mostra Itinerante do Premio Internacional Luís Kasado de Creación Fotográfia que promove a Deputación da Coruña. Nesta décimo novena edición selecionáronse medio cento de imaxes pertencentes a seis series entre as que destaca a proposta gañadora de Juan MAnuel de la Quintana Sánchez-Mateos e a mención especial do fotoxornalista galego Óscar Corral.

Completan esta escolma as series Metamorfose, As leccións esquecidas, Un lugar á parte do mundo e Entre o tempo e o sabor, o mar, unha memoria visual.

A mostra permanecerá na sala ribeirense ata o 4 de xullo e poderá visitarse de luns a venres en horario de dez a dúas e de seis a nove e os sábados tan só pola mañá.