O exexecutivo di que defenderá os intereses do Concello nas reclamacións por SBC

RIBEIRA> O pleno extraordinario solicitado de xeito conxunto polo BNG, o PSOE e o grupo de Non Adscritos tiña coma principal finalidade pedirlle explicacións ó equipo de goberno polas reclamacións que lle fan ó Concello por outorgar no seu día, unha licenza ilegal para a construción da gasolineira SBC, en Xarás, que ascende a preto dos catro millóns de euros.

Unha contía millonaria que dende a oposición consideran que non debe pagar a veciñanza, e si as persoas que cometeron esa ilegalidade outorgando licenzas que vulneraban as leis.

Dende o equipo de goberno negaron estas acusacións, sinalando que sempre se actuou con transparencia e conforme á legalidade, e que sempre van a protexer os intereses económicos do Concello.