RIBEIRA> Ribeira celebrará a vindeira semana o Día do Orgullo cunha ampla e variada axenda de actividades.
A través delas o Concello busca reivindicar e celebrar o Orgullo, ademais de seguir na senda de visibilizar ós colectivos que o conforman e defender os seus dereitos, avogando por unha sociedade máis igualitaria e máis xusta.
Os actos arrancarán o venres 26 de xuño, cun acto institucional, ás 12 da mañá no auditorio municipal cunha homenaxe a Ana Lampón Gude e Elena Rego Fernández. Ese mesmo día, ás 8, na praza do Concello, haberá o Festi Pops.
O sábado 27, na praza Porta do Sol, actuarán, Silvia Superstar, ás 8 da tarde, e Broken Peach, ás 10.
Os actos terán continuidade o domingo 28, cunha sesión vermú con Dani DJ na contorna do parque de García Bayón, á 1, e pola noite a partir das 9, coa proxección do filme Elisa e Marcela, na praza do Concello.
O colofón a esta programación especial co gallo do Día do Ourgullo, terá lugar o domingo 5 de xullo, ás 8 da tarde, no auditorio municipal coa reedición do concerto `Grandes Iconas`, da orquestra Sons.
As entradas para esta actuación seguen á venda na páxina web www.ataquilla.com e na Oficina de Atención Cidadá da casa consistorial.











