Boiro avanza na rehabilitación do lagar pequeno e as cortes de Goiáns
O concello de Boiro avanza na posta en valor de novas edificacións da finca de Goiáns. O pleno vén de dar luz verde á rehabilitación do antigo lagar e as cortes a través dun convenio coa Deputación da Coruña.
O sector afronta dous meses de veda tras unha campaña do polbo moi positiva
A entrada en vigor da veda do polbo dende o pasado 1 de maio deixa atrás unha boa campaña en termos de descargas e, sobre todo, de facturación cun balance próximo ós 15 millóns de euros en toda Galicia.
Música, cine e literatura para conmemorar as Letras Galegas en Noia
A concellería de Cultura de Noia programou unha serie de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. Darán comezo xa o venres 1inda que o acto central será o domingo 17 na alameda.
A ABE sorteará 2000 euros na campaña ‘Compras con Corazón’
A Asociación Boirense de Empresas volve apostar esta primavera pola campaña ‘Compras con Corazón’. Ademais do sorteo de dous mil euros en vales de compra, esta iniciativa inclúe diversas actividades lúdicas que buscan reforzar o papel do comercio como corazón da vila.
Fin do peche no hospital do Barbanza tras trece días de encerro
Tras trece días de peche, o encerro no hospital do Barbanza chegou á súa fin. A xerencia da área sanitaria accedeu finalmente a reunirse con representantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. A xuntanza terá lugar este venres nas dependencias do centro comarcal.
Congalsa reafirma o seu compromiso co CB Rianxo
Congalsa ratifica o seu compromiso co Club Baloncesto Rianxo. A directora de Relacións Externas da compañía, Isabel Cañas, mantivo un encontro cos membros da súa renovada directiva co fin de coñecer o traballo que desenvolve o Club de fomento da actividade deportiva no municipio en xeral, e en concreto do baloncesto.
O BNG acusa á Xunta de mentir sobre a normativa para paralizar a residencia...
O BNG esixe á Xunta que retome a residencia pública de Ribeira nas Saíñas. Acusan ó goberno autonómico de mentir tras paralizar o proxecto en base a unha modificación da normativa estatal que non se ten producido.
Uns 250 corredores participarán na XXI Carreira da Guía que homenaxeará a María José...
Uns 250 corredores daranse cita o 17 de maio na vixésimo edición da Carreira da Guía. A atleta homenaxeada este ano será María José Martínez Patiño polos seus innumerables méritos ó longo da súa carreira deportiva.
A Xunta acomete en Lousame traballos de prevención contra os lumes forestais
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, comprobou esta mañá en Lousame os traballos de prevención de incendios que se están a realizar actualmente na zona do monte Treito. Trátase da limpeza das faixas de seguridade para reducir o risco de propagación no caso de que se producise un lume. Este tipo de acción enmárcanse no Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia.
Ribeira avanza nos trámites para que a rúa do Porto de Aguiño pase a...
O concello de Ribeira iniciou os trámites para a municipalización da Rúa do Porto en Aguiño. O obxectivo é proceder ó asfaltado e instalación de canalizacións desta vía que dá acceso a numerosas vivendas e almacéns.

















