O Mimarte Fest recadará fondos para as vivendas inclusivas de AMBAR

RIBEIRA> Mimarte e Ambar sumarán esforzos co fin de recadar fondos para as vivendas inclusivas da entidade. Será  a través dun festival solidario que se celebrará o 26 de xuño no auditorio de Ribeira.

O auditorio de Ribeira acollerá o venres 26 de xuño a terceira edición do Mimarte Fest que nesta ocasión recadará fondos para AMBAR que precisa de financiamento para a rehabilitación do ecosistema de vivendas inclusivas de Praia Xardín.

Máis dun cento de alumnos de diversas disciplinas artísticas pasarán polo escenario para ofrecer un espectáculo inédito que de seguro non deixa indiferente a ninguén.

Tal é o éxito de todas e cada unha das prpopostas que leva a cabo Mimarte que as entradas xa están esgotadas. Aínda así, dende o concello animan á veciñanza a colaborar a través da fila cero realizado unha doazón por bizum co código 14265. Ademais deste festival, AMBAR segue a desenvolver outras actividades solidarias como a Carreira pola Diversidade que terá lugar ne Coroso o próximo 12 de xullo.