BOIRO> Vinte alumnos inician hoxe a súa formación no obradoiro de emprego de Boiro. Durante nove meses impartiranse os módulos de carpintería e xestión forestal a través dun programa teórico-práctico que lles permitirá obter un certificado de profesionalidade. A Xunta inviste neste programa preto de 500 mil euros.
A quinta edición do obradoiro de emprego Torre Goiáns de Boiro iniciou hoxe a súa andadura. A delegada territorial da Xunta na Coruña e o alcalde de Boiro saudaron ós 20 alumnos que durante nove meses formaranse nas modalidades de forestal e carpintería, dúas especialidades cunha alta demanda de profesionais.
Ademais da formación que lle permitirá obter un certificado de profesionalidade, os alumnos contribuirán á mellora da contorna cos traballos prácticos relacionados con tarefas de prevención de incendios e conservación do camiño A Orixe no caso do módulo forestal ou a creación de pasarelas de acceso ás praias e instalación de mobiliario e outros elementos nos centros sociais do municipio, no que respecta ós alumnos de carpintería.
A Consellería de Emprego destinou preto de 470 mil euros para a posta en marcha deste obradoiro que xunto cos outros tres que se están a desenvolver na comarca do Barbanza supón un investimento próximo ós dous millóns de euros por parte da Xunta de Galicia.











