A POBRA> O concello da Pobra presentou a súa oferta turística para este verán. Experiencias mariñeiras, natureza, paisaxe e patrimonio concentran boa parte das actividades das que poderán gozar os numerosos visitantes que se acheguen ata o municipio.
Baixo o lema ‘A Pobra do Caramiñal, Vive a Experiencia’ a concellería de Turismo ideou un programa de actividades para introducir ó visitante na esencia do pobo. En canto ás experiencias mariñeiras, repiten as viaxes en veleiro e os obradoiros de marisqueo.
Tamén volve formar parte da oferta estival a ruta do mexillón que se estreou o pasado ano con grande éxito.
Aínda que menos demandada, o concello volverá poñer en marcha a ruta guiada polo río Pedras a cargo dun xeógrafo especialista que dará a coñecer non só as singularidades da orografía desta paraxe senón as moitas lendas que a rodean.
Inserto
Complementan a oferta, as viaxes ás Illas Atlánticas a cargo de Piratas de Nabia e o museo Valle-Inclán así como as numerosas festividades que acolle o pobo dirante o verán, como o Carme do Castelo, Os Pincheiros e o Nazareno.











