BOIRO> A decimo cuarta edición do programa Ludieduca chegou á súa fin cunha gran festa de clausura en Boiro. Os nenos de terceiro de primeira de tódolos colexios de Boiro e A Pobra participaron nesta iniciativa de educación en valores que promoven Jealsa e Cruz Vermella.
Preto de 200 escolares da Pobra e Boiro participaron esta mañá na festa de clausura do programa LudiEduca que dende hai 14 anos promove Jealsa en colaboración coa Cruz Vermella.
Os pequenos tiveron ocasión de coñecer de preto como funcionan os servizos de emerxencia con exhibición de Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e bombeiros que despregaron os seus medios na praza da Boqueira de Anegral.
Dende o concello de Boiro quixeron apoiar tamén esta iniciativa que busca camiñar unha sociedade máis solidaria e inclusiva a través da educación en valores.











