O BNG demanda un plan de investimentos para os portos de Ribeira

O BNG levará ó Parlamento unha serie de iniciativas sobre o mal estado en que se atopan os portos de Ribeira. Demandan que se garanta o mantemento básico en materia de limpeza, pavimentación e seguridade. Mentres non sexa así esixen a Portos unha exención no pago das taxas.

Plademar pide a reversión das concesións dos saltos hidroeléctricos do Tambre

Plademar Muros-Noia vén de presentar alegacións ante Augas de Galicia no marco do proceso de extinción da concesión que Naturgy tiña sobre os tres saltos hidroeléctricos do río Tambre. Este permiso de explotación que se outorgaba a esta empresa eléctrica caducou. E iso abre unha oportunidade histórica, que a Plataforma entende que non se debe deixar pasar.

Os empresarios de Ribeira poñen en xogo un premio de mil euros polo Día...

A Asociación de Empresarios de Ribeira volve sortear mil euros como premio estrela da campaña do Día da Nai. Repartiranse ademais outros agasallos como ceas e vales para compra ou gasolina.

Aberto o prazo para reservar posto no Maio Vintage de Boiro

O sábado día 2 de maio terá lugar unha cita xa consolidada no calendario de eventos de Boiro. O Maio Vintage reunirá na rúa peonil a numerosos colectivos e asociacións con diferentes propostas que buscan dinamizar o tecido comercial e hostaleiro da vila.

A Feira de Emprego de Boiro convértese no punto de encontro de empresas e...

O centro de formación e viveiro de empresas de Boiro acollía esta mañá a Feira do Emprego. A iniciativa, que chega este ano a súa terceira edición, tivo como obxectivo impulsar o talento e a economía local. Ademais de foros e charlas, a xornada contou coa participación de diferentes empresas, non só da localidade senón tamén de fóra.

A Xunta sufraga a mellora integral de varios núcleos en Camboño

A delegada territorial da Xunta visitou esta mañá Lousame para comprobar o resultado das obras levadas a cabo en varios núcleos da parroquia de Camboño no marco do denominado Plan Hurbe. A actuación, cun orzamento de 385 mil euros, dos que o 70% foron achegados pola Xunta, permitiu o acondicionamento interior dos núcleos de Corral de Abaixo, Chousa e Corral de Arriba.

Conclúen con éxito as obras de consolidación do paseo dos Areos

Concluídas as obras de consolidación do paseo marítimo dos Areos acometidas pola vía de emerxencia ante o risco de colapso da estrutura. O alcalde da Pobra e a concelleira de Obras supervisaron esta mañá o resultado dos traballos.

AMICOS apoia a inserción laboral de persoas vulnerables a través dos seus itinerarios formativos

AMICOS segue a promover a capacitación laboral das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social a través de diferentes itinerarios formativos. Co apoio económico da Dirección Xeral de Inclusión Social, o pasado ano favoreceu a formación de 150 persoas das cales preto dun 30 por cento conseguiron acceder a un posto de traballo.

BarbanTEA organiza en Rianxo unha xornada formativa sobre autismo

BarbanTea organiza a súa primeira xornada formativa en Rianxo. Será este sábado a cargo de Anabel Cornago quen abordará varios aspectos relacionados coa regulación no autismo. Xa están inscritas máis de 160 persoas.

A mocidade de Ribeira disporá dunha ampla oferta formativa na Casa da Xuventude

Ribeira reforza a súa oferta formativa para a xente moza cun programa flexible de cursos que favorecen a adquisición de coñecementos. Impartiranse na casa da Xuventude en diferentes modalidades e formatos.

REDES SOCIAIS

40,725FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete