BOIRO> Por terceiro ano consecutivo, a Comisión de Festas de Exipto organizará unha foliada popular. Será este sábado na contorna do Centro Social de Abanqueiro e contará cunha ducia de agrupacións musicais tradicionais así como o DJ Jalaiko.
A foliada popular de Exipto terá lugar este sábado despois de que cita inicial prevista para o pasado día 9 tivera que ser suspendida polo mal tempo. Dará comezo ás sete e media da tarde coa actuación dunha ducia de grupos tradicionais e peche a cargo de DJ Jalaiko. Durante o serán servirase ademais o tradicional bocadillo de luras.
O concello de Boiro colabora con esta cita que ten por obxectivo recadar fondos para a celebración da Romaría de Exipto que se celebra cada ano o primeiro domingo de agosto.











