BOIRO> Máis de 500 taekwondistas de categorías base chegados dende diferentes localidades galegas daranse cita esta vindeira fin de semana en Boiro, no pavillón de Barraña, para disputar, o sábado, o Campionato Galego Exhibición de Hapkido, e o domingo, o Campionato Galego Escolar de Combate.
Para poder desenvolver estes dous Campionatos, que poñerán a Boiro no epicentro do taekwondo a nivel autonómico, o Club Malamía conta coa colaboración de Jealsa.
Dende o Concello, que colabora tamén na organización, agradeceuse tanto ó Club como a Federación ter reparado en Boiro para poder acoller estes dous importantes eventos deportivos, animando á veciñanza a ir a presencialos.











