Abre o prazo para inscribirse no Ribeira Concilia de verán

RIBEIRA> As familias de Ribeira volverá dispoñer dunha oferta de conciliación para este verán. O concello organiza un campamento para que os nenos de 3 a 12 gocen dunha alternativa de lecer durante o período non lectivo.

Xa está aberto o prazo para inscribirse no programa Ribeira Concilia que ofrece ás familias con nenos de 3 a 12 anos unha oferta de lecer para compatibilizar a vida laboral e familiar ó longo deste verán. Desenvolverase nas instalacións do CEIP O grupo durante todo o período non lectivo pudendo optar ás distintas quedas ou ó campamento completo. Aínda que o horario é de nove a dúas ofrecerase servizo de madrugadores a partir das oito menos cuarto e comedor ata as catro da tarde.

O prezo para as quendas de xuño e setembro é de 50 euros mentres que xullo e agosto terán un custo de 100 euros por mes. As familias que opten por reservar os dous meses deberán aboar 180 mentres que o prezo global de todo o campamento ascende a 200. Haberá bonificacións do 20 por cento para determinados casos.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 10 de xuño e poderá realizarse tanto no departamento de Servizos Sociais como na Oficina de Atención Cidadá do concello ou pola sede electrónica.