RIBEIRA> Esta mañá presentábase en Ribeira a quinta edición do Campionato de Futvolei. O torneo, aberto a tódolos afeccionados a este tipo de deporte, terá lugar o sábado 6 de xuño na praia de río Azor.
Malia que se trata aínda dun deporte minoritario, o Futevolei segue gañando adeptos como os que o vindeiro 6 de xuño daranse cita na praia de Río Azor en Palmeira. Será xa a quinta edición deste campionato, organizado polo Club Futevolei Vigo en colaboración co concello de Ribeira.
O campionato dará comezo ás dez de mañá e dividirase en dous niveis: iniciación e avanzado.
A cota de inscrición é de dez euros incluíndo avituallamento e xantar grazas á colaboración de Conservas Orbe como patrocinador principal. Os que aínda non o fixeran están a tempo de participar formalizando a súa asistencia a través do teléfono 619625202. Os deportistas deberán ser maiores de 17 anos.











