BOIRO> O concello de Boiro destinará máis de 1’2 millóns de euros do remanente de tesourería a diversas obras. O goberno local levará mañá a súa proposta a pleno que destina máis de medio millón de euros a proxectos de pavimentación.
A renovación dos pavimentados en varias rúas do núcleo urbano e das parroquias concentra boa parte dos proxectos que o concello de Boiro prevé executar con cargo ó remanente de tesourería cun investimento próximo ó medio millón de euros. Na proposta, que se debaterá mañá en pleno, inclúese o asfaltado da Avenida de Constitución e outros treitos urbanos nas rúas Norberto Pijuán, Estatuto de Galicia e Boiro de Arriba. Nas parroquias destacan as obras previstas en Cabo de Cruz, Lampón e Abanqueiro.
Ademais dos proxectos de pavimentación, a proposta do executivo inclúe outras actuacións como a impermeabilización da praza do concello e as terrazas laterais da casa consistorial para evitar as filtracións.
Ente as actuacións figura tamén a creación dunha aula gastronómica na praza de abastos e a instalación dun bloque de 80 columbarios no cemiterio municipal de Vista Alegre.











