NOIA> Noia encherase de tradición o próximo 27 de xuño coa celebración da festa Pon un Sancosmeiro. Esta celebración ten como protagonistas ós veciños encargados de poñer en valor a cultura popular noiesa.
Moitos cambios no Sancosmeiro deste ano en Noia que abre unha nova etapa co relevo no equipo directivo da asociación cultural que a promove.
Ademais do cambio de data que este ano se adiante ó sábado 27 de xuño, a festa estrea imaxe con logo de Ricardo de Barreiro e cartel deseñado por Guille Outes.
O concello colabora na organización do evento cunha achega económica así como apoio loxístico e cesión de espazos.
Durante toda a xornada haberá música e baile tradicional e exaltarase o Sancosmeiro como un dos elementos máis representativos da cultura popular da comarca.











