Buscan a un veciño de Rianxo desaparecido dende a tarde do luns

Amplo dispositivo de busca en Rianxo para tratar de localizar a un veciño da localidade de 65 anos. Trátase de Fernando Otero Mosquera, con domicilio no lugar do Barral. Non se sabe nada do seu paradoiro dende a tarde do pasado luns.

Fran Sieira estreará en Riberia o seu novo espectáculo ‘Ben Querer’

Fran Sieira presentará en Ribeira o seu novo espectáculo ‘BenQuerer’, un só de danza con música en directo que aborda o autocoidado emocional. O próximo xoves sairán a venda as entradas para a actuación que terá lugar o 2 de maio no auditorio ribeirense.

O BNG demanda un plan de aproveitamento da planta de Servia para evitar o...

O BNG demanda un plan de aproveitamento da planta de Servia en Lousame, despois de que a Mancomunidade Serra do Barbanza se adherise a Sogama. Os nacionalistas opóñense ó peche das instalacións que suporía a perda de máis dun cento de empregos, maioritariamente femininos.

A presentación dun libro sobre Manuel Hermo abrirá na Pobra os actos do Día...

O concello da Pobra e a Comisión pola Recuperación da memoria Histórica organizan unha serie de actos para conmemorar o Día da República.  O programa inclúe a presentación dun libro do investigador José Antonio Pérez Fernández sobre Manuel Hermo e o nomeamento do autor como  republicano de honra .

O Campionato Galego de Bateis reunirá na Pobra a máis de 800 deportistas

A Pobra vivirá esta fin de semana unha auténtica festa do remo. O campionato galego de bateis reunirá a máis de 800 deportistas durante dúas xornadas de competición das que sairán os equipos clasificados para a competición nacional.

A Xunta incrementa en 600 mil euros o importe destinado ó SAF no Porto...

A Consellería de Política Social inxectará máis de 600 mil euros para o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar no Porto do Son. O alcalde a conselleira mantiveron unha xuntanza para avaliar as vantaxes que implicará este incremento de fondos na prestación do servizo.

Os Reventapistóns quentan motores en Ribeira coa súa ‘VIII Kedada’

A praza de España de Ribeira acollerá o sábado 18 de abril a oitava quedada motorista dos Reventapistóns. O evento, cun amplo programa lúdico e deportivo, servirá como antesala á concentración prevista en setembro na capital barbanzá.

Portos acometerá melloras en varios peiraos de Ribeira

Portos de Galicia acometerá unha serie de melloras nos peiraos de Ribeira. O concelleiro do Mar realizou numerosas solicitudes para garantir a seguridade das instalacións portuarias de todo o municipio.

Barbanza Arousa avanza na execución dos proxectos do seu PSTD

A mancomunidade Barbanza Arousa avanza na execución dos proxectos do seu Plan de Sostenibilidade Turística en Destino para o que contan cun orzamento de 1’5 millóns de euros procedentes de fondos europeos. Trátase de catro actuacións, unha por cada municipio que integra a entidade, vinculados á enogastronomía. A idea é que poidan estar xa rematados antes do 30 de xuño.

Ribeira aproba o novo contrato do SAF por 1’6 millóns de euros anuais

A corporación ribeirense celebrou onte pola noite a sesión plenaria ordinaria correspondente ó mes de marzo. No transcurso da mesma adxudicouse á empresa Attende Care, S.L. o contrato do novo servizo de axuda no fogar por un importe de 1,6 millóns de euros anuais.

REDES SOCIAIS

40,725FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete