RIANXO> A asemblea local da Cruz Vermella de Boiro e o concello de Rianxo alíanse en favor dos mais necesitados. O domingo 24 de maio desenvolverán a primeira andaina solidaria ‘Camiños dw ouro’ para recadar fondos que irán destinados á entidade que presta servizo a numerosas familias do municipio en situación de vulnerabilidade.
A primeira andaina solidaria ‘Camiños de ouro, o paraíso existe’ celebrarase en Rianxo o domingo 24 de maio. Sairá sobre as dez da mañá da urbanización Virxe de Guadalupe, con dous itinerarios alternativos.
Ó remate da andaina realizaranse varios sorteos de agasallos doados polo comercio local. Dende a organización agardan contar con máis de 300 participantes que ademais de colaborar cunha boa causa terán ocasión de coñecer o patrimonio natural e histórico de Rianxo.











