RIANXO> O pósito rianxeiro traballa xa na mellora da actividade extractiva nos seus bancos marisqueiros afectados polos temporais deste inverno o que provocou unha elevada mortaldade do marisco.
Nas últimas semanas o pósito contratou a unha empresa especializada que está a realizar mediante unha embarcación o fresado dos fondos da enseada de Beluso, unha das zonas de trabalo máis empregadas polo marisqueo a pé, co que se intenta mellorar a súa produtividade
Unha vez realizada esta actuación, o pósito acometerá tamén o resembrado desa zona, en base a un plan de rexeneración que debe aprobar a Xunta e que agardan inclúa tamén á ameixa xapónica.
O patrón maior rianxeiro mostrouse tamén crítico coa Consellería polo retraso na sinatura dos convenios que permitirán que as mariscadoras poidan cobrar polos traballos de rexeneración que están a realizar.











