BOIRO> Un mozo de 24 anos, da Pobra, Ricardo Lorenzo Neira, perdía a vida esta pasada fin de semana, na madrugada do sábado ó domingo, nun accidente de estrada na rúa Principal de Boiro, na AC-305, a escasos metros das curvas de Goiáns.
Por razóns que polo de agora se descoñecen, o turismo que conducía, e do que era o único ocupante, saíuse pola marxe contraria da vía, colidindo contra a barreira de seguridade e un poste de alumeado público, quedando suxeito ademais contra unha árbore, o que impediu que o vehículo caese ó río. Esta circunstancia e o feito de que a vítima quedara atrapada, complicou ademais o rescate.
Ademais dos bombeiros de Boiro e Ribeira, e persoal sanitario do 061, ata o lugar do sinistro achegáronse numerosos medios de emerxencias, entre eles a Policía Local e a Garda Civil de Tráfico, así como voluntarios de Protección Civil.











