A bandeira azul volverá ondear este verán na praia de Coroso

RIBEIRA> A bandeira azul volverá ondear este verán na praia de Coroso. O concello optou por recuperar esta distinción que garante, non só a calidade ambiental das súas augas, senón a máxima calidade en tódolos servizos dos que dispón o principal areal urbano de Ribeira.

A praia de Coroso, en Ribeira, atópase entre os 118 areais galegos galadorados coa bandeira azul. O cocnello decidiu vovler concorrer para recuperar este distintivo que acredita a máxima calidade ambiental e en materia de servizos para os seus usuarios.

Xunto coa bandeira azul para Coroso, o concello de Ribeira obtivo tamén, a finais do ano pasado, a Bandeira Verde de Galciia por cuarto ano consecutivo. Trátase dun distintivo que concede a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático polas boas prácticas ambientais e de conservación da paisaxe.