A deputada provincial de Plans supervisa en Outes varias obras do POS

OUTES> A deputada responsable de Plans na Deputación da Coruña visitou o concello de Outes para coñecer algunhas actuacións executadas con cargo a fondos provinciais. Ademais da execución de beirarrúas e canalizacións no cruceiro de Roo, visitou o antigo colexio onde se vai acometer o acondicionamento interior para albergar a escola de música no primeiro andar.

Acompañada do alcalde e outros membros da corporación local, a deputada desprazouse ata o Cruceiro de Roo para supervisar o resultado de dúas obras acometidas na AC-550 ó seu paso por este núcleo.

Estas dúas actuacións, que supuxeron un investimento próximo ós 138 mil euros, súmanse  ós máis de 1’4 millóns de euros destinados este ano ó concello de Outes POS e o plan adicional para obras, servizos e gasto corrente.

No marco deste plan executarase tamén a mellora do alumeado do campo municipal de fútbol así como o acondicionamento interior do antigo colexio Emilio Navasqués, xa en fase de licitación.