RIANXO> O executivo rianxeiro segue a dar pasos na mellora de vias en distintas zonas do municipio que presentaban un mal estado de conservación enmarcadas nun plan municipal de mantemento de estradas moi ambicioso ó que se destinan unha gran cantidade de fondos das arcas municipais.
Unha das últimas actuación executadas desenvolveuse no acceso á igrexa e ó hórreo do Araño dende a AC-305.
A actuación realizada é unha primeira fase doutro proxecto que se executará na zona a través dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia, no entorno da igrexa e o hórreo do Araño, un dos atractivos turísticos do municipio.











