Fin de semana de descontos en Noia coa Pink Fashion

NOIA> Este venres, e o longo de toda a fin de semana, celebrarase en Noia unha nova edición da Pink Fashion. Unha campaña que desenvolve a asociación Noia Histórica e que este ano chega a súa 15 edición.  Nela participan uns 32 comercios, que ofrecerán os seus produtos cun 20% de desconto.

Ao cumprise o 15 aniversario desta campaña, a patronal noiesa decidiu tamén introducir algunha que outra novidade, entre elas un sorteo especial de 500 euros.

Na presentación da campaña tomaron parte tamén o alcalde, Francisco Pérez, e o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, que destacaron a importancia desta iniciativa de cara a promoción do comercio e a hostalería da vila.

Ademais de degustacións de lambetadas e música nas rúas, o domingo, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas haberá tamén inchables na Alameda, completándose a programación coas actividades organizadas dende o Concello para conmemorar esa data.