A asociación ÁGAPE organiza en Ribeira o seu I Mercado Solidario
A asociación Ágape organiza este sábado en Ribeira o seu mercado solidario. Instalarase no Malecón en horario de mañá e ofrecerá produtos artesanais do máis variado, perfectos para agasallar nesta Pascua.
A Deputación da Coruña apoia con 25 mil euros ó conservatorio de Noia
A deputada de Educación e Mocidade na Deputación da Coruña, Yoya Neira, xunto co alcalde de Noia, Francisco Pérez, visitaron as instalacións do conservatorio municipal de música da localidade. Durante a visita, a responsable provincial puxo en valor o apoio da Deputación ó funcionamento dos centros de formación musical. No caso de Noia, a institución provincial aporta uns 25 mil euros ó financiamento do conservatorio.
Mar trasdala ás confrarías as axudas para rexenerar os bancos por valor de 23...
A conselleira do Mar mantivo esta mañá unha xuntanza con representantes das confrarías para explicar as medidas de rexeneración dos bancos marisqueiros. O consello da Xunta aprobou un paquete de axudas por valor de preto de 23 millóns que permitirán compensar ós mariscadores que traballen na recuperación das zonas improdutivas.
Ribeira conmemora o 120 aniversario do título de cidade
Ribeira conmemorou o 120 aniversario do título de cidade cun solemne acto no que se rendeu homenaxe ó seu cronista oficial, Xosé María Fernández Pazos. Procedeuse tamén á recuperación do monolito da praza do Centenario que fora retirado temporalmente por mor das obras acometidas neste espazo.
Noia destinará uns 100 mil euros á mellora da praza de abastos
Noia destinará uns 100 mil euros á diversas melloras na praza de abastos. O executivo noiés financiará estas actuacións, que buscan dinamizar e poñer en valor este espazo, a través dunha axuda da Dirección Xeral de Comercio.
A ANPA do CEIP O Grupo trasladaralle as súas demandas ó novo director territorial...
A ANPA Santa Uxía do CEIP O Grupo de Ribeira vén de remitir un escrito ó recentemente nomeado director territorial de Educación. Pídenlle a Santiago Freire que teña en conta as demandas de melloras no centro que xa lle foron transmitidas ó seu antecesor pero quedaron sen resposta.
Serra do Barbanza avanza na recollida selectiva
A Mancomunidade Serra do Barbanza recibiu esta mañá da Xunta un total de 177 contedores para a recollida selectiva de papel-cartón e envases lixeiros . No acto, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, destacou a importancia de seguir apostando pola reciclaxe.
Lousame impulsa a candidatura de Zernadas de Castro ás Letras Galegas 2027
O concello de Lousame presentou oficialmente a campaña Zernadas de Castro 2027 coa que busca promover a candidatura do cura de Fruíme ás Letras Galegas. No ano en que se cumpren 250 anos do seu pasamento buscarán reivindicar a súa figura como precursor do galeguismo.
A Pobra promove o envellecemento activo dos seus maiores
O concello da Pobra volve poñer en marcha unha nova edición do programa de Envellecemento Activo. Componse de musicoterapia e talleres de memoria impartidos pola Cruz Vermella no centro sociocomunitario.
‘En voz baixa’ ofrecerá un concerto solidario en beneficio da Fundación Aladina
Os pobrenses volverán facer gala da súa solidariedade no concerto organizado pola asociación das Amas de Casa en beneficio da Fundación Aladina. Será este sábado 28 no Teatro Elma a cargo do dúo ‘En voz baixa’.

















