A POBRA> O IES Pobra acolleu esta mañá o acto de entrega das bolsas Juan Lampón a seis estudantes da comarca. Nesta vixésimo primeira edición presentáronse 25 solicitudes de alumnos que combinan un excelente expediente académico cunha exitosa traxectoria deportiva.
O xurado das vixésimo primeira edición das bolsas Juan Lampón non tivo doado seleccionar ós seis estudantes premiados de entre as 25 solicitudes presentadas. Tres horas e media de deliberación foron necesarias para escoller ós merecedores destas distincións que buscan recoñecer non só os méritos deportivos senón tamén os logros académicos e formativos.
O acto contou coa presenza da xogadora de baloncesto Blanca Millán, madriña desta edición,quen compartiu cos mozos a importancia do esforzo e a constancia para lograr a súas metas deportivas. Tras entregar as seis becas, o xurado animou ó resto de candidatos a seguir esforzándose para mellorar aínda máis os seus currículos e seguir concorrendo á convocatoria destas bolsas en futuras edicións.











