Ribera acollerá un segundo pase do concerto ‘Grandes Iconas’ durante a semana do Orgullo

RIBEIRA> Tralo gran éxito do concerto Grandes Iconas celebrado o pasado mes de febreiro, o concello de Ribeira decidiu programar un segundo pase que se incluirá na programación da semana do Orgullo. O espectáculo terá lugar o 5 de xullo e xa se poden adquirir as entradas.

A música de grandes referentes para o colectivo LGTBI volverá soar no auditorio  de Ribeira o 5 de xullo. Será no segundo pase do concerto Grandes Iconas, da Orquestra Sons, que se incluirá na programación que está a deseñar o concello para conmemorar o Día do Orgullo.

Acompañarán no escenario ós músicos da orqiestra Sons numerosos artistas convidados de toda a comarca así como  o Coro Cores e outras entidades que colaboran con este evento.

As entradas, cun prezo de 30 euros, xa se poden adquirir a través de www.ataquilla.com ou na oficina de atención cidadá do concello.