A nova edición dos Bonos AmaRibeira contará cun orzamento de cen mil euros

RIBEIRA> O concello de Ribeira reedita os bonos comercio para animar as vendas antes do período de rebaixas. Serán descontos de ata 30 euros como máximo a aplicar nas compras realizadas nos establecementos adheridos entre o 14 de maio e o 7 de xuño ou ata que se esgote a partida de 100 mil euros.

Hoxe abriu o prazo para que os comerciantes se adherisen á nova convocatoria dos  bonos AmaRibeira que se poderán descargar a partir deste xoves na wb www.amaribeira.gal. O concello destinou unha partida de cen mil euros para financiar estes descontos que teñen por obxectivo dinamizar o tecido comercial antes do inicio da tempada de verán.

A asociación de empresarios, quen agradecei esta aposta polo comercio local, repartirá tamén 3500 tiquets de estacionamento para facilitar a afluencia de clientes.

Serán descontos de 10 euros por cada compra de 30 euros, cun máximo de 30 euros de desconto.  O prazo para descargar os bonos permanecerá aberto ata o 7 de xuño aínda que  unha vez se esgote o salgo quedarán sen validez.