Noia recupera o Campo da Feira para o uso público

NOIA> O concello de Noia avanza na posta en valor do centro urbano coa mellora executada no campo de Feira. Procedeuse ó acondicionamento dos xardíns e os camiños así como ó arranxo dos desaugues.

A contorna da alameda e o campo da Feira de Noia é un dos principais espazos públicos de Noia así como a carta de presentación do seu núcleo urbano. De aí,o interese do goberno por poñer en valor a zona recuperando para o uso cidadá dalgunhas áreas que se atopaban en mal estado.

A actuación consistiu na canalización das zonas de desaugue e consolidación dos camiños así como a poste en servizo da fonte e renovación do alumeado. Foi executada directamente polas brigadas municipais de obras e medio ambiente a excepción da instalación eléctrica polo que supuxo un importante aforro para as arcas públicas.

Tralo acondicionamento do espazo, o próximo paso será enchelo de actividade cunha extensa programación de actos lúdicos e culturais a celebrar no campo da Feira.