BOIRO> Cita co remo esta fin de semana en Cabo de Cruz que ademais das regatas de Veteranos We Sea acollerá a primeira bandeira de traineriñas Concello de Boiro. As competicións reunirán no peirao crucense a preto de 800 deportistas.
Os amantes do remo teñen dúas citas esta fin de semana no peirao boirense de Cabo de Cruz. A primeira será o sábado pola tarde coas Bandeiras de Veteranos We Sea masculina e feminina que reunirá a un total de 18 tripulacións.
O domingo a partir das dez e media da mañá celebrarase a I Bandeira de Traineriñas Concello de Boiro enmarcada na liga autonómica con máis de 500 remeiros de toda Galicia.
Dende o concello de Boiro amosaron a súa satisfacción por seguir incorporando probas de gran nivel ó calendario deportivo do municipio que, como sempre, contan co patrocinio de Jealsa.











