Paideia pecha a segunda edición do Territorio Emprende con catro proxectos para revitalizar o rural

BARBANZA> A Fundación Paidea clausurou en Padrón a segunda edición de Territorio Emprende, un programa colaborativo centrado nos retos do rural. O proxecto incluíu varias iniciativas realcionadas coa recuperación da memoria colectiva, a inclusión ou a recuperación de terras en desuso.

O encontro aberto ó público celebrado a pasada tarde na sede da Fundación Paideia na Escravitude pon o peche á segunda edición do programa Territorio Emprende, un proxecto de traballo colaborativo para a revitalización do rural galego. Durante seis meses,  desenvolvéronse diversas iniciativas centradas nos retos de futuro do medio  rural.

A xornada de clausura incluíu a representación de catro pezas de microteatro que deron vida ós catro proxectos xurdidos ó abeiro do programa: A Casiña de Carme no que se rehabilitou unha vivenda abandonada para albergar un centro social no Araño, Bosque Diverxente consistente na recuperación de terras en desuso mediante un proxecto de agricultura participativa, Cimbra centrado na inclusión de colectivos vulnerables e migrantes e Memorias de Aldea par amanter vivo o patrimonio inmaterial de Porto de Son e Outes.

Houbo tamén música co concerto  ‘O son que nos une’ e un faladorio  sobre produto local da man da Muradana.